Obradoiro de tradución! Un novo proxecto do Grupo Coreander

Obradoiro de  traducción

Desde o Grupo Coreander estamos pensando en organizar un novo proxecto, que ten especial relación coa facultade de filoloxía: un obradoiro de tradución.

A idea consiste en organizar un grupo de alumnos (especialmente filólogos mais estamos abertos a outras carreiras), para comezar o traballo de traducir unha obra literaria, co obxectivo a medio/longo prazo de poder publicala, quizais desde a propia universidade. Non podemos asegurar ese final de publicación, mais en todo caso quedaría feito un traballo comunal moi interesante que se non agora podería ter unha saído no futuro.

Para os filólogos ademais ten o aliciente de que a tradución hoxe en día é unha saída profesional moi a ter en conta, e en todo caso sempre é algo que luce moito nun curriculum, sobre todo se facemos unha boa labor.

O traballo sería comunal, crítico e aberto, feito entre todo con certos criterios de seriedade e profesionalidade. Non haberá uns horarios fixos nin datas de entrega, mais si que pedimos certa ilusión e compromiso co proxecto.

En canto ao que imos traducir, dependerá do grupo que formemos. A idea orixinal é traducir unha obra de poética do inglesa ao galego. Obra poética porque unha posibilidade moi factible é facer unha antoloxía dun autor de poesía, algo que en grupo sería mellor para organizarmos. Inglés porque é unha lingua estranxeira que mais podemos coñecer e cunha tradición moi variada onde poderemos escoller calquera cousa. E a lingua receptora o galego por cuestións alén da propia lingua. Ao galego poderíamos traballar con algo do que aínda non exista tradución, co valor engadido que iso ten. Ademais pensamos que é máis fácil contactar con hipotéticas institucións que poderían estar interesadas no traballo se o galego é a lingua de chegada.

Tendo en conta a natureza diversa da nosa facultade non pechamos a porta a se de súpeto aparecen varias persoas interesadas en traducir desde o francés, o italiano ou o polaco, mais en principio a idea estaba asociada a unha tradución desde o inglés. Para que vexades por onde poden ir os tiros, barallamos a posibilidade de facer unha antoloxía de poemas de Byron ou de Dylan Thomas, nunha edición bilingüe inglés-galego, dous autores moi grandes aínda non traducidos á nosa lingua.

En fin, un proxecto aberto, literario e profesional a un tempo, algo como un hobby mais tamén unha posible saída laboral ou simplemente para facer curriculum. Animádesvos?

Se estades interesados en participar, ou tedes dúbidas de cómo sería, podedes contactar connosco polo facebook ou en    grupocoreander@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: