MÓVETE! Propostas culturais

Desde o Grupo Coreander queremos comezar cunha iniciativa de propórvos cada semana unha serie de actividades: conferencias, recitais, obras de teatro… que consideremos interesantes e ás que vos poidades achegar para facer algo diferente. E non pensedes que hai poucas cousas que facer nesta cidade!
Por suposto, esta iniciativa está aberta a todo así que se tes algunha sociación, grupo ou simplemente queres dar a coñecer algunha actividade que che resulte interesante non tes máis que dicírnolo e nos publicítarémola canto poidamos.

 

Esta semana as nosas propostas son:

 

O Centro Agora vén de lanzar unha actividade chamada “Café de idiomas” que consistirá en realizar reunions para todas aquelas persoas que queiran pór en práctica aquelas linguas que está a aprender. Interesante, non? Sobre todo para @s filólog@s que nos len. Aquí podedes consultar toda a información:

http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Agora/Page/Generico-Page-Generica&cid=1300352152203&argIdioma=es&itemID=1336007577762&itemType=Suceso

Doutro lado, temos varias conferencias na NORMAL que queremos propoñer dentro do festival SINSAL é NORMAL en que encontramos un montón de actividades. Nós quedámonos coas seguintes:

– 7 de novembro, 19.30h
ESPAZO ESCRITORIO: DEBATE
A música na literatura galega: Mario Regueira e Xesús Fraga

12 de novembro, 19.30h
ESPAZO ESCRITORIO: DEBATE
A literatura na música galega: Daniel Salgado e Xurxo Souto

22 de novembro, 20.30h
ESPAZO PERFORMANCE
Perfo-poesía. Retrovisor, de Antía Otero e Isaac Garabatos.

 

Para rematar, sobra dicir que este venres día 9 tedes unha cita na Facultade de Filoloxía polo noso Magosto! con concurso de disfraces, música en directo…

 

A moverse e a desfrutar! e se participas nalgunha destas actividades e queres compartir as túas impresións neste blogue benvid@ sexas.

Unha opinión sobre “MÓVETE! Propostas culturais

Add yours

  1. Eu estiven na Perfo-poesía. Retrovisor, era a máis vella do local, sentada no chan cos meus osos que xa deben ter osteoporose 🙂 pero gocei moito!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: