Sobre nós

Un estudante medio da facultade de filoloxía da UDC pasa 4 horas ao día na facultade. Iso son 20 horas por semana, 88 ao mes, 792 por curso. Vamos, que cada ano pasa nese edificio 33 días enteiros, sen contarmos horas na cafetería, na biblioteca ou o tempo que pasas na casa traballando para a facultade. A pregunta que se nos presenta é: 33 días enteiros nun sitio e en serio o único que vas facer alí é asistir á clase?

Nós, o Grupo Coreander, queremos máis. Pensamos que a experiencia universitaria vai moito máis alá das clases, que ademais de profesionais estámonos formando coma persoas, e canto máis interesados esteamos en todo o que ferve na nosa sociedade seremos máis críticos, máis conscientes do noso redor e máis maduros. Quizais nunha carreira como filoloxía isto sexa máis importante que en ningunha outra, xa que como filólogos é o noso traballo non só saber de lingua, senón comprender sistemas culturais e sociais, sempre complexos e multidisciplinais.

Somos unha Asociación asentada na Universidade e interesada en practicamente en toda manifestación cultural. Sinxelamente xente nova que se alía para falar de música, cine, pintura, teatro, literatura, política… e que pretende chegar aos demais facendo un traballo conxunto. Por iso temos como un obxectivo principal organizar todas as actividades que poidamos na facultade e intentar publicar os resultados do que fagamos xa sexa en papel coma nunha páxina web.

Non somos un grupo político, mais tampouco queremos finxir con hipocrisía que somos apolíticos ou de centro. Cada persoa ten as súas opinións, cada un é do seu pai e da súa nai, e unha asociación desa xente non vai ser inocentemente apolítica. O que si podemos pretender é que sexa aberta, tolerante, incluínte, interesada na opinión dos seus membros e que sexa do debate interno do que saia a opinión común, sendo conscientes de que cada un pode ter as súas discrepancias. Non temos un programa, nin un decálogo, pero si estamos interesados no político.

Podemos pensar na Asociación tamén coma nun simulacro dun futuro traballo. Aquí hai que aprender a organizarse, mandar emails pedindo cousas ao profesorado, chamar a un local no que pretendes organizar algo, quizais ata cumplimentar o formulario dunha subvención… Desde dinámica de grupos ata quizais dereito administrativo, hai moitos ámbitos prácticos e tremendamente enriquecedores asociados ao traballo que tentamos facer.

Por isto chamamos a todos os estudantes interesados en compartir esta experiencia connosco.  Todo o capital co que conta a nosa Asociación é a forza dos seus membros, e todo novo interese de fora non é so benvido senón que profundamente apreciado. Queremos ser máis, facer máis cousas, organizar charlas, ciclos, concursos, concertos, recitais, facer unha revista ou mellorar como se fan as cousas na facultade. E para todo isto temos que facer as cousas o mellor que saibamos. Úneste?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: