Taller literario – Sesión 2 (Temporada II): Cidades poéticas

Presentamos a segunda sesión do taller literario, que foi curtiña pero intensa. Só tiñamos unha hora para traballar, así que propuxen facer un poema cortiño, cunha temática moi concreta: unha cidade. Cada un dos participantes do grupo escolleu unha cidade á que dedicarlle uns versos. Na nosa tradición literaria en realidade é moi habitual esta práctica en grandísimos autores, que se teñen ocupado de moitas cidades europeas nalgúns dos seus mellores poemas. En realidade para esta sesión deixei bastante liberdade, quizais para contrapesar un pouco a ríxidez/dureza da escritura automática. Os resultados coma sempre son moi interesantes, esta vez podedes ver aos nosos autores falando de cidades que lles marcaron dalgunha maneira.

Como inspiración só propuxen un poema de Lois Pereiro, falando de Edimburgo:

EDINBURGH EDINBURGH

O tren fura paisaxes coma un piollo

nos cabelos escuros

de Escocia escurecida

mentres veñen as mans

do abrente alleo

abrindo as portas daquel día de setembro

cruzando o Mar do Norde cara ás illas

chegando a un Edinburgh en sombra estraña

baixándome do tren coa mente aberta

¿Onde se deita a noite en Edinburgh?

¿á esquerda do castelo de carbón diamante

cun sol negro?

Catro teenagers punks

xaspeaban mil cores metalizadas

co meu ollo animal cravado neles

“No future Anarchy & destroy me”

because I love them since they’re like you

dura pedra escocesa que me garda

da hipnose contaxiosa das Highlands

empapando a alma en frío

cervexa calvinista  whisky ateo

Cruel máxica dura

espectro dos meus soños agresivos

volverei por ser teu

na túa pel e na escuma do desexo

.

.

Clara Vidal

“O meu París”

(retirado temporalmente – presentado a concurso).

.

.

David Neira Palacios

Lugo

Granito y pizarra conforman la ciudad
de lluvias, tormentas y nevadas sin igual.
Un antiguo espíritu ahora ya caído
en su eterno descanso observa la ciudad.

Ojos solitarios que otean el camino
de la gris corrupción y putrefacción.
Observa con el alma envejecida y el corazón tenso
desde la muralla enmohecida de piedra proscrita.

Observa los verdes vivos
luchar contra los muertos grises.
Hipocresía y corrupción cohabitan
en la que antaño fue pura e integra.

Los cánticos se escuchan
y el rap resuena,
el antes y el ahora
se difuminan y mezclan.

.

.

Tamara Barreiro Neira

LONDRES

Abrumada-superada por el British y el Ojo
y la gente que baila, vaga, serpentea.
Un penique retorcido en el bolsillo,
una ardilla que me mira.

Ahogada en verde en el parque
con Peter a la derecha y flores a la izquierda,
lloviendo sobre mí de color gris,
viene una pompa de jabón y explota.

Hundida en el Tube y en la tuba
con un ticket moribundo al mundo subterráneo,
me sorprendo rodeada de muñecos de cera
cantando, escribiendo, muertos.

Cuando emprendas tu viaje a Londres,
ruega que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias.
No temas a cuervos ni a torres.

.

.

Guillermo Rodicio

Bergen

O dente con caries desafía o Mar do Norde,
e a noite de invernía sempre ameaza con non rematar,
Bergen loita e durme, e os homes soñan.

Cheiro a peixe que chega do mercado,
pescado de noite no medio do mar
por homes barbudos que soñan con Bergen,
no verán.

Un barco entra no porto traendo o sol de xullo consigo.
E non chove, nunca chove en Bergen.
Ou si, mais a loita é demasiado dura para que ninguén se decate.

Volta a luz, o eterno retorno, como se os días en Bergen durasen meses.
E a xente loira aparece de debixo de casas
que pintaron de cores para diferencialas na noite.

Un hostal onde durmen mochileiros, todos na mesma habitación,
e soñan con Bergen no verán, están alí e xa no queren voltar,
como se fose sempre un inicio e un final.

As Lofoten ao norde, a promesa de mil fiordos
e a inmensidade de Noruega por detrás
Subir correndo a montaña, como se foses a marchar,
e volver
coa luz rabiosa e apacible de xullo, xa outra vez a Bergen en soños

.

.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: