Taller literario – Sesión 3: Obradoiro de corrección

A terceira sesión do noso taller literario foi o 25 de abril e tivo algunhas particularidades respecto do que viñamos facendo ata ese momento. Un dos obxectivos ao crear o taller fora poder escribir textos ao albeiro do grupo, pensando en presentalos a concursos, unha das formas polas que un escritor nóbel pode darse a coñecer. Pensamos que precisamente o concurso que organiza a nosa facultade de filoloxía (aquí as bases) era a mellor maneira de comezar a esplotar esta potencialidade do taller.

Así que dedicamos toda a sesión a ler os textos que distintos membros do taller decidiran presentar ao concurso. Por cuestións obvias non podo colgar aquí os textos, mais teño que dicir que foron moi evocadores, e de estilos moi diversos. Algún membro de recente incorporación decidiu traer tamén parte da súa obra a este obradoiro, xa que a idea en xeral era analizar textos máis traballados, poder profundizar sobre temas quizais máis de estilo, ou mesmo de fondo dos textos. Penso que foi unha experiencia moi interesante e enriquecedora, que podemos perfeccionar en seguintes sesións para mellorar a labor creativa en textos máis elaborados.

Tivemos o contratempo organizativo (un clásico), de que o prazo de entrega para o concurso remataba o mesmo día que celebramos esta sesión, polo que non puidemos aplicar os cambios nas versións finalmente presentadas. Mais xa tiñan unha gran calidade e en moitas ocasións só eran pequenas (e subxectivas) correcións. Finalmente penso que do taller presentamos catro textos, e esperamos que poidades velos como gañadores. Sen dúbida sería unha gran subida de moral que algúns dos presentados entrase nesa edición en papel que agarda aos galardoados.

Por todo isto esta semana non podemos presentar textos dos nosos xenios creativos, mais como sempre deixo un video que pode resultar interesante aos amantes da literatura. Non me gusta repetirme, mais volvo a propor unha entrevista a un grandísimo autor. Dedicade se tendes un ratiño a escoitar a Borges falar sobre literatura. Sempre se pode aprender cousas novas dos xenios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: