Taller literario — Grupo Coreander

Sendo como somos unha asociación asentada nunha facultade de filoloxía, estamos convencidos de que ao noso redor hai moitos escritores, poetas ou ensaístas agochados. Nun lugar onde se estuda literatura, seguro que nos corredores hai moitísimo talento, e pensamos que hai que potencialo.

Por iso mesmo lanzamos agora a iniciativa de montar un taller literario, pensado para a facultade de filoloxía da UDC, mais aberto a calquera alumno ou interesado ao que lle chegue este evento. Non imos inventar a pólvora. Con este taller só queremos formar unha plataforma na que coincidan persoas precisamente polo seu interese pola escrita. Non importa se es máis ou menos novel, se escribes prosa ou poesía, en galego, en castelán ou en inglés. O taller terá como base aos propios participantes e adaptarase a eles, ás súas pretensións e gañas de participar.

Por iso mesmo o funcionamento dependerá do que queiran facer os que acudan a esta chamada. Mais en liñas xerais, o que pretendemos é formar un grupo ao que cada un poda traer os seus textos para recibir críticas construtivas, loubanzas (que tamén fan falla ás veces), aprender dos demais para mellorar e ao mesmo tempo, quen sabe, se conseguir lectores avezados. Como en todo taller tamén poderíamos facer actividades, propor xogos que tamén son moi útiles para potenciar unhas cousas ou outras, ou para non perder o costume de escribir. O taller tamén pode ser interesante para eses aos que lles gusta escribir mais nunca atopan tempo, ou unha inspiración. O obxectivo é potenciar o talento que ferve en nós.
Pensamos que non hai mellor momento para comezar a organizalo que agora, cando se achega o premio literario da nosa facultade (para os interesados, aquí o cartaz):

Cartaz Premio Literario Facultade de filoloxía

Quen sabe, dentro das actividades do taller poderíamos preparar relatos ou poemas para presentarnos, cada un coa nosa proposta persoal, mais traballada no taller. A proposta é aberta e pretendemos que se adapte a aqueles interesados en participar. A idea é pór en común os nosos intereses como creadores e estar abertos a outras opinións, a mellorar, a que se nos rete.

Deixamos este evento nas redes sociais para que vos poñades en contacto con nós se estades interesados. Faremos algo de publicidade pola nosa facultade tamén. Apuntarse é tan sinxelo como mandarnos un privado, un correo, ou pasarse polo noso local cando queirades. Estamos esperando polas vosas plumas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: